1 jun 2016

UN CIRCO MATEMÁTICO

Nun circo hai 30 filas de butacas, en cada fila hai 120 asentos. Cada noite o circo esta cheo e, aínda que todos o pasan moi ben, so a metade dos espectadores morren coa risa. Cantos espectadores morren de risa diariamente no circo?


25 may 2016

UN PROBLEMA CON MOITAS PÚAS


Na mochila do cole de Héctor caben, como moito, catro ourizos maiores. Cantas mochilas necesitasremos para poder levar 316 ourizos



19 may 2016

UN PROBLEMA DE MOITAS PALABRAS

A primeira señora falando coa segunda dispara 127 palabras por minuto. A segunda falando coa primeira solta 132 palabras por minuto. Cantas palabras dirán as dúas xuntas si estan dúas horas falando  ao mesmo tempo sen parar?


11 may 2016

UN PROBLEMA DE PESO

Nunha balanza hai, nun lado, 3 elefantes que pesan 5 toneladas cada un. No outro lado da balanza está a paciencia dos pais destes nenos rebuldeiros. Calcula canta paciencia teñen estes pais, pero en quilogramos.



4 may 2016

UN PROBLEMA DE SERPES

Do terrario escaparon 3 culebras, 5 cobras e 10 víboras. A lonxitude de cada culebra é de 1 metro, cada cobra mide 1 metro e 30 centímetros e cada víbora mide 1 metro e 15 centímetros. Cantos metros de serpes escaparon do terrario?



28 abr 2016

UN PROBLEMA NA DUCHA

No meu edeificio reventou ao mesmo tempo a tubería de auga fría e a de auga quente. Dunha caen al piso 70 litros  de auga xeada por minuto, da outra caen 12 litros de auga fervendo por segundo. Se resfriarán os habitantes deste piso coa auga xeada ou, ao revés, se queimarán?


20 abr 2016

UN PROBLEMA DE COITELO E GARFO

Cantos furados haberá no mantel si durante a comida o perforamos 12 veces cun garfo de 4 púas?


13 abr 2016

UN PROBLEMA ESPINOSO

Mamá mercou uns cantos cactus. Cando María, de 3 anos, afeitou coidadosamente a metade dos cactus de mamá coa nova cuchilla de papá, mamá todavía era a propietaria de 12 cactus espinosos. Cantos cactus sen afeitar mercou mamá?





6 abr 2016

UN NOVO PROBLEMA

Si sentamos nun prato dunha balanza a Olga, que pesa 45 kg e a Natalia, que pesa 8 kg menos ca súa amiga e enchemos o outro prato con 89 kg de bombóns, cantos quilos de bombóns terán que zamparse as pobres nenas para equilibra-la balanza?


13 mar 2016

A VOLTAS COS PROBLEMAS


SE ES CAPAZ DE RESOLVER ESTE PROBLEMA ANTES DO 31 DE MARZO HAI PREMIO. PERO TES QUE SER DOS TRES PRIMEIROS EN TRAER A SOLUCIÓN.


Aos bombeiros adéstrannos para por os pantalóns en 3 segundos. Cantos pantalóns pode por un bombeiro ben adestrado en 5 minutos?



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...