Nun circo hai 30 filas de butacas, en cada fila hai 120 asentos. Cada noite o circo esta cheo e, aínda que todos o pasan moi ben, so a metade dos espectadores morren coa risa. Cantos espectadores morren de risa diariamente no circo?
curibiblio
1 jun 2016
25 may 2016
UN PROBLEMA CON MOITAS PÚAS
19 may 2016
UN PROBLEMA DE MOITAS PALABRAS
A primeira señora falando coa segunda dispara 127 palabras por minuto. A segunda falando coa primeira solta 132 palabras por minuto. Cantas palabras dirán as dúas xuntas si estan dúas horas falando ao mesmo tempo sen parar?
11 may 2016
UN PROBLEMA DE PESO
Nunha balanza hai, nun lado, 3 elefantes que pesan 5 toneladas cada un. No outro lado da balanza está a paciencia dos pais destes nenos rebuldeiros. Calcula canta paciencia teñen estes pais, pero en quilogramos.
4 may 2016
UN PROBLEMA DE SERPES
Do terrario escaparon 3 culebras, 5 cobras e 10 víboras. A lonxitude de cada culebra é de 1 metro, cada cobra mide 1 metro e 30 centímetros e cada víbora mide 1 metro e 15 centímetros. Cantos metros de serpes escaparon do terrario?
28 abr 2016
UN PROBLEMA NA DUCHA
No meu edeificio reventou ao mesmo tempo a tubería de auga fría e a de auga quente. Dunha caen al piso 70 litros de auga xeada por minuto, da outra caen 12 litros de auga fervendo por segundo. Se resfriarán os habitantes deste piso coa auga xeada ou, ao revés, se queimarán?
20 abr 2016
Suscribirse a:
Entradas (Atom)